Emigración publica a listaxe de puntuación provisional dos candidatos e suplentes das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2026
Santiago de Compostela (A Coruña), 19 de xuño de 2026.
A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe coa puntuación provisional das persoas candidatas e suplentes, así como a listaxe de excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2026. As e os candidatos disporán de prazo ata o 26 de xuño para presentar as alegacións que consideren oportunas.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS será dende hoxe 19 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO DE 2026 (ata as 23:59 horas, horario peninsular español), ambos incluídos.
Centos de universitarios galegos do exterior interesáronse un ano máis por esta axuda, que conta con 250 prazas, para o estudo dun mestrado nunha das tres universidades galegas o próximo curso.
Novas relacionadas





