A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, con motivo da súa viaxe á comunidade para participar mañá nos actos do Día de Galicia en Euskadi.

  • A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia.
    A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia.

Listen to this page using ReadSpeaker
Vitoria-Gasteiz (Álava), 27 de xuño de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta tarde o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, onde foi recibido pola presidenta de ambas entidades, Mónica Calvo Fernández, xunto con outros membros da xunta directiva.

Durante a visita, o conselleiro coñeceu de preto o labor que desenvolve este centro, referente histórico do asociacionismo galego no País Vasco, fundado en 1955, cunha ampla programación de actividades culturais, formativas e sociais que contribúen a manter vivas as tradicións galegas entre a diáspora.

Así mesmo, destacou o papel da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, que integra os principais centros e casas galegas asentados no País Vasco -entre eles o de Álava-, como referente clave desde hai máis de 40 anos para coordinar a colectividade galega e difundir a identidade de Galicia nesta comunidade autónoma. Neste sentido, puxo en valor a celebración do Día de Galicia en Euskadi como un dos fitos máis significativos da súa actividade anual. Precisamente, a visita do conselleiro enmárcase na programación desta celebración, na que participará mañá no acto central. 

430 lecturas