Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego

O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades.

O Goberno galego está en permanente contacto cos centros galegos desde o primeiro momento, e puxo en marcha diferentes actuacións de cooperación.

Na reunión apelouse á cautela, dadas as dificultades que se están a vivir no país e especialmente na zona da Guaira, a máis afectada pola traxedia.

  • Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego.
    Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2026.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta tarde mediante videoconferencia con representantes dos centros galegos en Venezuela co obxectivo de coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego, así como agradecerlles o labor que están a desenvolver na atención ás persoas afectadas polos terremotos.

Rueda fixo fincapé en que a Administración autonómica xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor para colaborar co país, que poden ampliarse en función das necesidades, lembrando os fortes vínculos que unen a Venezuela e Galicia. Así, na actualidade residen en Venezuela máis de 30.300 persoas galegas, mentres que en Galicia viven arredor de 27.600 persoas de nacionalidade venezolana.

O Goberno galego traballou nestes últimos días na coordinación do desprazamento dun equipo especializado en busca e rescate. Ao mesmo tempo, puxéronse en marcha distintas actuacións de cooperación para contribuír á atención das persoas afectadas, que se están a canalizar a través de diferentes ONG. A Administración autonómica ten vixentes axudas de emerxencia para emigrantes galegos e descendentes, que se convocan todos os anos -podendo ampliarse o seu orzamento se é preciso- e permiten axudar a persoas que teñan perdas en catástrofes naturais, entre outras circunstancias.

Na reunión apelouse á cautela dadas as dificultades que se están a vivir no país e especialmente na zona da Guaira, a máis afectada pola traxedia. A Xunta está desde o primeiro momento en contacto permanente cos centros galego que, xunto coas restantes entidades da colectividade española en Venezuela, acordaron converterse en espazos de recollida dos materiais necesarios para o rescate, para a canalización da axuda e desde os que se ofrece apoio ás familias que así o precisen.

De feito, nestes momentos está plenamente operativa a Rede de asistencia permanente, de atención social, en todos os centros galegos en Venezuela, que nestes momentos son un elemento clave para colaborar e apoiar á poboación afectada tras a emerxencia.

Na xuntanza telemática, na que tamén participaron o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estiveron presentes os presidentes da Irmandade Galega de Venezuela; da Irmandade Galega de Valencia; dos centros galegos de Maracaibo e Puerto La Cruz; da Asociación Fillos de Galicia dos estados de Aragua e Lara; e da Federación de Centros Españois de Venezuela.

334 lecturas