Miranda felicita o centenario da Asociación Finisterre en América, unha entidade “referente na historia da emigración galega na Arxentina”

O secretario xeral da Emigración visitou a sede da Asociación o mesmo día que cumpre os cen anos da súa fundación.

Reafirma o compromiso da Xunta por seguir apoiando á colectividade galega no exterior.

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa visita á Asociación Finisterre en América con motivo do seu centenario
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa visita á Asociación Finisterre en América con motivo do seu centenario

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 20 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Dobarro, visitaron a Asociación Finisterre en América con motivo do seu centenario.

Miranda quixo aproveitar a ocasión para darlle os seus parabéns a todos os integrantes da asociación, e salientou que “non se entendería a historia da emigración galega na Arxentina sen o labor fundamental realizado por vós durante estes cen anos”. Do mesmo xeito, o secretario xeral reafirmou o compromiso da Xunta por seguir apoiando estas asociacións de galegos no exterior.

A Asociación Finisterre en América é unha histórica entidade da diáspora galega na Arxentina. Fundada en Avellaneda o 19 de setembro de 1926 por emigrantes naturais de Fisterra, une aos fisterráns e aos seus descendentes en América, mantendo vivas as tradicións da súa terra natal.

No transcurso da visita, o secretario xeral entregoulle ao presidente, Ramón Marcote, unha placa conmemorativa como xesto polo seu labor centenario coa galeguidade universal.

77 lecturas