Miranda reforza o vínculo de Galicia con México nun encontro co cónsul honorario

  • Miranda reforza o vínculo de Galicia con México nun encontro co cónsul honorario.
    Miranda reforza o vínculo de Galicia con México nun encontro co cónsul honorario.
  • Miranda reforza o vínculo de Galicia con México nun encontro co cónsul honorario.
    Miranda reforza o vínculo de Galicia con México nun encontro co cónsul honorario.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul honorario de México en Galicia, Alfonso Pereira, no que puxeron en valor os lazos que unen os dous territorios.

Durante a reunión, Miranda salientou o labor do consulado á hora de dinamizar as relacións sociais, económicas e culturais entre Galicia e México, e a importancia de atender ás comunidades de persoas emigrantes en cada territorio. A comunidade mexicana na nosa comunidade representa máis dun 3% da que vive no conxunto estatal, e a comunidade galega en México é preto dun 8% do total da cidadanía española alí.

O Consulado Honorario de México en Galicia, con sede en Ourense, inaugurouse en xuño deste ano.

33 lecturas