A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, xunto co secretario xeral da Emigración, reuniuse coas directivas de Parque España e o Círculo Español de Puebla.

José González, acompañado por Antonio Rodríguez Miranda, tamén visitou a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla.

Trátase das primeiras visitas desta viaxe institucional a México que se prolongará ata o xoves, co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da comunidade galega no exterior e de potenciar a relación entre Galicia e México.

José González trasladou a colaboración do Goberno galego a centros coma estes para asegurar a continuidade e promoción do patrimonio cultural galego e seguir fortalecendo os vínculos culturais e sociais coa diáspora galega.

Tamén puxo de relevo a aposta do Executivo autonómico polo retorno coa Estratexia Galicia Retorna dotada con 450 M€ ata 2026 e con máis dun cento de medidas para axudar ás persoas retornadas na súa inserción laboral e proxecto de vida en Galicia.

  • A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
    A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
  • A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
    A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
  • A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
    A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
  • A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
    A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Puebla (México), 30 de abril de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou Parque España e o Círculo Español de Puebla e mantivo unha reunión coas directivas destes centros que representan un punto de encontro da colectividade galega e española en México. A continuación tamén visitaron a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla.

Trátase das primeiras visitas desta viaxe institucional a México que se prolongará ata o xoves, 1 de maio co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da comunidade galega no exterior e de potenciar os lazos entre Galicia e México, ademais de seguir difundindo as oportunidades de retorno.

Alí, José González puxo de relevo o importante labor destas entidades que, desde inicios do século XX, exercen como embaixadoras das tradicións e a cultura española, e particularmente galega, no exterior. Nesta liña, engadiu que estes centros son clave na memoria colectiva da emigración española a México, tal e como reflicte o seu arquivo documental e fotográfico, de gran valor histórico.

Ademais, fixo fincapé no apoio da Xunta a este traballo para asegurar a continuidade e promoción do patrimonio cultural galego e seguir fortalecendo os vínculos culturais e sociais coa diáspora galega. Un apoio que, ademais de abarcar os programas para fortalecer as comunidades galegas que están fóra, inclúe tamén a Estratexia Galicia Retorna coa que o Goberno galego promove o regreso daquelas persoas galegas que o desexen.

Para iso, a Estratexia Galicia Retorna conta con 450 millóns de euros ata 2026 e inclúe máis de 100 medidas transversais para axudar ás persoas retornadas na súa inserción laboral e proxecto de vida con distintos apoios para a súa integración plena.  Un exemplo, é o programa Retorna Cualifica Emprego, co que se promove o regreso de profesionais cualificados cunha oferta real de emprego e que ao mesmo tempo contribúen á  cobertura de vacantes.

Sociedade Española de Beneficencia en Puebla

José González tamén visitou, xunto con Antonio Rodríguez Miranda, a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla, fundada no 1860 e que ten como obxectivo apoiar á comunidade española en Puebla, brindando servizos médicos e sociais ás persoas que os precisan. Para iso conta cun hospital que conta con varios servizos de saúde e ofrece programas de apoio a persoas en situación de vulnerabilidade.

A axenda do conselleiro en México continuará cunha reunión co embaixador de España en México e o conselleiro tamén participará nun encontro empresarial coa Unión Mexicana de Empresarios Galegos (Umegal). Ademais, o 1 de maio, José González e Antonio Rodríguez Miranda participarán na Jira Campestre do Centro Gallego de México. 

339 lecturas