A Xunta reforza a colaboración co consulado honorario de México en Galicia a prol do emprego, do emprendemento e da atención á diáspora no país

  • A Xunta reforza a colaboración co consulado honorario de México en Galicia a prol do emprego, do emprendemento e da atención á diáspora no país.
    A Xunta reforza a colaboración co consulado honorario de México en Galicia a prol do emprego, do emprendemento e da atención á diáspora no país.

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 30 de xullo de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co cónsul honorario de México en Galicia, Alfonso Pereira, en Ourense, onde se inaugurou o pasado mes de xuño a sede do órgano. Poñendo en valor a relevancia do consulado á hora de dinamizar as relacións económicas, culturais e de arraigo entre Galicia e México, trataron as posibles sinerxías no eido da creación de emprego e do impulso ao emprendemento, así como da atención á diáspora e do reforzo do retorno á terra de orixe.

No encontro -no que tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén-, quedou de manifesto que a comunidade galega en México representa preto dun 8% do total da cidadanía española residente no país azteca, mentres a comunidade mexicana en Galicia supón máis dun 3% da que vive no conxunto estatal. Nese senso, o conselleiro puxo de relevo o papel do Consulado Honorario de México á hora de atender e representar as cidadás e cidadáns mexicanos residentes na nosa Comunidade, ademais de actuar como ponte de unión entre Galicia e México.

17 lecturas