Miranda reforza o vínculo coa comunidade galega en Panamá nun encontro con Mariela Estévez, figura relevante da comunidade galega no país centroamericano
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Mariela Estévez, referente da comunidade galega en Panamá, no que abordaron a situación actual dos galegos residentes no país centroamericano e intercambiaron impresións sobre as iniciativas que contribúen a manter viva a súa vinculación con Galicia. Miranda destacou a importancia de manter un contacto próximo coa colectividade e de coñecer de primeira man as súas necesidades e expectativas.
Durante a reunión, o secretario xeral puxo en valor o labor de persoas como Mariela Estévez, que contribúen a fortalecer os lazos entre Galicia e a súa diáspora e a manter presentes a cultura, as tradicións e a identidade galegas no exterior. Rodríguez Miranda reafirmou o compromiso da Xunta de seguir acompañando á comunidade galega en Panamá e de favorecer que as novas xeracións manteñan e reforcen o seu vínculo coa terra de orixe das súas familias.
Novas relacionadas




