Miranda reúnese con Mariela Estévez, representante senlleira da comunidade galega en Panamá para reforzar lazos

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Mariela Estévez, unha representante senlleira da comunidade galega en Panamá. Durante o encontro, Miranda explorou a situación actual e os desafíos que afrontan os galegos neste país centroamericano, mostrando un interese particular polas oportunidades de colaboración en áreas de interese común.

Rodríguez Miranda destacou o papel significativo de Mariela na comunidade española de Panamá, e aproveitou a ocasión para agradecerlle o seu compromiso continuo e esforzo en manter viva a cultura galega a miles de quilómetros de Galicia, reforzando así os lazos que unen ámbalas dúas terras.

418 lecturas