Miranda: “Puerto Madryn é un exemplo do compromiso da nosa diáspora por manter viva a identidade galega no exterior”

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 16 de abril de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa directiva da Casa de Galicia ‘Voces da Nosa Terra’ de Puerto Madryn, entidade presidida por Adelaida Rodríguez Watson, no que abordaron a situación actual da colectividade galega na zona e os principais retos de futuro. Durante a reunión, intercambiaron impresións sobre as necesidades da comunidade e analizaron vías de colaboración para seguir reforzando a súa actividade social e cultural.

Neste sentido, Miranda destacou o papel destas entidades como espazos de referencia para a colectividade galega no exterior e reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de continuar apoiando iniciativas que contribúan a fortalecer os vínculos coa terra de orixe. Ademais, puxo en valor a importancia de manter unha diáspora activa e conectada, subliñando que o traballo conxunto entre administración e centros galegos resulta clave para seguir impulsando a presenza e a proxección de Galicia no mundo.

43 lecturas