Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa "Reencontros con Galicia" para 200 galegos do exterior para que coñezan a realidade galega e o encontro cos seus familiares

Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa 'Reencontros con Galicia' para 200 galegos do exterior para que coñezan a realidade galega e o encontro cos seus familiares
Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa "Reencontros con Galicia" para 200 galegos do exterior para que coñezan a realidade galega e o encontro cos seus familiares
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 11 de agosto de 2025.

A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa “Reencontros con Galicia”, que ofrece 200 prazas co obxectivo de facilitar a estas persoas o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares a mediados do mes de outubro.

Esta lista recolle ás persoas participantes que reúnen os requisitos para participar posteriormente no proceso de adxudicación de prazas.

As persoas excluídas teñen ata o 26 de agosto para subsanar as deficiencias.

Esta iniciativa ten por finalidade facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior un período de estancia na residencia dependente da Consellería de Política Social e Igualdade en Panxón (Nigrán) de xeito que poidan achegarse ata a realidade galega e gozar de actividades de ocio e entretemento, potenciando, á vez, o contacto coas súas familias residentes en Galicia.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo dos traslados das e dos participantes mediante o financiamento dos custos desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos de regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos en Galicia e do seu aloxamento e manutención das persoas con escasos recursos económicos.

734 lecturas