Emigración convoca o programa “Reencontros con Galicia” para 119 galegos do exterior residentes en América

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus familiares en Galicia.

Esta iniciativa volve poñerse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social.

O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de agosto
O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de agosto
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación das persoas maiores de 65 anos vinculadas ás entidades galegas en América no programa “Reecontros con Galicia”, que ofrece 119 prazas   (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230731/AnuncioC3B0-190723-0001_gl.html) co obxectivo de facilitar a estas persoas o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares a mediados do mes de outubro.

Esta iniciativa ten por finalidade facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior un periodo de estancia na residencia dependente da Consellería de Política Social en Panxón (Nigrán) de xeito que poidan achegarse ata a realidade galega e gozar de actividades de ocio e entretemento, potenciando, á vez, o contacto coas súas familias residentes en Galicia.

Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse no 2021 e 2022 centrado no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo dos traslados dos participantes mediante o financiamento dos custos desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos do regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos en Galicia e do seu aloxamento e manutención das persoas con escasos recursos económicos.  

Os solicitantes deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos últimos cinco anos nos programas de viaxes organizados pola Secretaría Xeral da Emigración.  

O prazo de presentación de solicitudes, que se abre hoxe, será ata o 31 de agosto. Máis información na seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/reencontros-galicia-2023

 

1062 lecturas