LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS E INADMITIDAS PARA SER CANDIDATAS A PARTICIPAR NO PROGRAMA "REENCONTROS CON GALICIA" 2025 (EM926G), CONVOCADO POLA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN O DIA 11 DE AGOSTO

Listen to this page using ReadSpeaker
534 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co disposto no artigo 12.3 da Resolución do 15 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia, dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos residentes en América, e convócanas para o 2025 (DOG núm. 100, do 27 de maio ), publícanse as listaxes provisionais de persoas solicitantes admitidas e inadmitidas por países con indicación, no seu caso, da documentación que deben achegar e o prazo, así como das causas de inadmisión.

Advertencia:

A APARICIÓN NA RELACIÓN DE ADMITIDOS NON SIGNIFICA TER PRAZA ASEGURADA, SENÓN QUE PARTICIPARÁN NO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A SÚA OBTENCIÓN.

DESPOIS DO PRAZO DE 10 DÍAS QUE SE OUTORGA PARA EMENDAR O EXPEDIENTE DE SOLICITUDE E DE VALORAR A DOCUMENTACIÓN ACHEGADA, PUBLICARANSE As LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS QUE RESULTEN EXCLUÍDAS E ADMITIDAS, CONCRETANDO, DENTRO DESTE ÚLTIMO GRUPO, AS QUE RESULTARON BENEFICIARIAS (COA PERSOA ACOMPAÑANTE, NO SEU CASO) E A QUE QUEDAN EN LISTA DE RESERVA.

As relacións provisionais de solicitudes admitidas e excluídas pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

 

PAÍS

DESCARGAR

DÍA DE PUBLICACIÓN PRAZO PARA A ENMENDA DA SOLICITUDE
ARXENTINA Descargar 11/08/2024 Ata o día 26/08/2025, ás 23:59 hora local
BRASIL Descargar 11/08/2024 Ata o día 26/08/2025, ás 23:59 hora local
CUBA Descargar 11/08/2024 Ata o día 26/08/2025, ás 23:59 hora local
URUGUAI Descargar 11/08/2024 Ata o día 26/08/2025, ás 23:59 hora local
VENEZUELA Descargar 11/08/2024 Ata o día 26/08/2025, ás 23:59 hora local
RESTO DE AMÉRICA Descargar 11/08/2024 Ata o día 26/08/2025, ás 23:59 hora local

 

Os escritos de emenda da solicitude e documentos requiridos deben presentarse nas oficinas da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo ou na entidade colaboradora do país de residencia, que se encargarán da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou se non hai, no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo.

Data de publicación: 
11.08.2025
Data fin de prazo: 
26.08.2025