O delegado da Xunta en Bos Aires inaugura en Villa Gesell unha mostra que recolle con fondura poética o espírito de acollida do Camiño de Santiago

Listen to this page using ReadSpeaker
Villa Gesell (Arxentina), 23 de xullo de 2025.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou no Club Deportivo Español de Villa Gesell na inauguración da exposición fotográfica “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago”, organizada pola delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires en colaboración co Club Español da cidade e diversas entidades locais. O acto contou tamén coa presenza de autoridades municipais, representantes da colectividade e distintas personalidades da sociedade geselina.

A mostra, promovida por Turismo de Galicia, rende homenaxe aos hospitaleros voluntarios do Camiño a través de 70 imaxes do fotógrafo Manuel G. Vicente. Esta colección, xa exhibida en Santiago de Compostela, Madrid e Mar del Plata, recolle con fondura poética o espírito de acollida, solidariedade e encontro que caracteriza o Camiño de Santiago.

353 lecturas