A Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra inaugura unha exposición sobre o Xacobeo e a acollida no Camiño de Santiago
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021.
A Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, en colaboración coa Xunta de Galicia, vén de inaugurar unha exposición sobre o Xacobeo 21·22 na Ferme Sarasin, que ten como obxectivo mostrar á colectividade galega e aos veciños e veciñas desta populosa cidade de Suíza a acollida e hospitalidade do Camiño de Santiago.
A través desta exposición móstrase o exercicio da hospitalidade e a acollida á e ao peregrino, pedra angular do Camiño de Santiago. Estas fotografías, que foron tomadas por Manuel G. Vicente durante a súa propia peregrinación, mostran os valores do encontro e a solidariedade que aporta o Camiño xunto cos valores paisaxísticos e históricos que posúe.
Novas relacionadas