A delegada da Xunta en Uruguai destaca o papel das mulleres na tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Montevideo

A delegada da Xunta en Uruguai destaca o papel das mulleres na tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Montevideo
A delegada da Xunta en Uruguai destaca o papel das mulleres na tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 30 de maio de 2025.

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2025 celebrados en Montevideo, que este ano renderon homenaxe ás cantareiras, figuras clave na preservación da tradición oral galega. Os eventos, organizados por diversas entidades da colectividade galega, puxeron en valor o legado cultural transmitido por estas mulleres ao longo das xeracións.

No Centro Galego de Montevideo, a cantante Cristina Fernández impartiu unha charla sobre a celebración das Letras Galegas, combinando lectura, cantigas e poesía, seguida dunha actuación xunto a cantareiras. O evento contou coa presenza do cónsul de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

O Padroado da Cultura Galega celebrou o Día das Letras Galegas cunha actuación do seu grupo "O son da Rugidoura", dirixido por Lorena Becco.

A Federación de Institucións Galegas de Montevideo (FAGU) organizou a primeira Xuntanza de cantareiras de todas as entidades, na sede de Unión Hijos de Morgadanes. Durante o acto, proxectouse o documental "Ferro, madeira e pel".

A Xunta ten unha participación activa nestes actos para reforzar o compromiso da difusión da cultura galega no exterior, destacando a importancia de manter vivas as tradicións e a lingua galega entre as comunidades emigrantes.
 

443 lecturas