Miranda e o Cónsul Xeral do Uruguai en Galicia fortalecen a colaboración entre ambas comunidades que permite seguir afondando na intensa relación de ambos países

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 2 de xaneiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, no que se abordaron temas clave relacionados coa colectividade galega no Uruguai e as iniciativas de retorno impulsadas pola Xunta de Galicia.

Durante a reunión, destacouse o compromiso mutuo para continuar promovendo accións que melloren a calidade de vida dos galegos residentes neste país do Río da Prata, así como o apoio ás entidades que os representan. A conversa permitiu tamén reforzar a cooperación institucional entre Galicia e o Uruguai, estreitando así os lazos históricos que unen ambos territorios.

Este tipo de encontros, que se realizan de maneira periódica, reflicten a importancia dunha relación consolidada ao longo de décadas e o interese compartido por seguir avanzando no apoio á diáspora galega.

676 lecturas