Miranda mantén unha reunión de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia que permite seguir afondando na intensa relación de ambos países

Antonio Rodríguez Miranda e Ramiro Rodríguez Bausero, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Ramiro Rodríguez Bausero, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, con quen analizou a situación da colectividade galega neste país do Río da Prata.

Durante a reunión ademais de tratar asuntos dos galegos e galegas residentes no Uruguai, avaliáronse xunto ao representante diplomático as políticas de retorno da Xunta de Galicia, dando así continuidade á colaboración de ambas institucións a prol das e dos galegos residentes no país americano e das entidades que os agrupan.

Estas reunións desenvólvense periodicamente pola estreita relación entre ambos países, froito de moitos anos de andaina conxunta.

279 lecturas