Miranda agradece ao cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, o seu compromiso coa colectividade galega durante a súa etapa en Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, con motivo do remate da súa etapa diplomática na comunidade, xa que abandonará o seu cargo nos vindeiros meses tras varios anos de traballo en Galicia. Durante a reunión, Miranda agradeceulle a colaboración institucional mantida ao longo deste tempo e o seu compromiso coa colectividade galega vinculada ao Uruguai, así como o labor desenvolvido para fortalecer os lazos históricos e humanos entre ambos territorios.
No encontro, o secretario xeral puxo en valor a estreita relación existente entre Galicia e Uruguai, un país cunha importante presenza de descendentes de galegos, e destacou a importancia da cooperación institucional para continuar reforzando os vínculos culturais, sociais e económicos. Miranda desexoulle ademais “os maiores éxitos nesta nova etapa profesional e persoal”, agradecendo a súa proximidade e disposición permanente cara á comunidade galega residente en Galicia e no Uruguai.
Novas relacionadas





