Miranda mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia de cara a manter a colaboración entre ambas institucións
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na mañá de hoxe un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, de cara a manter a colaboración entre ambas institucións.
Nestes intres, no Uruguai viven máis de 40.000 galegas e galegos, moitas e moitos deles xa descendentes. O secretario xeral trasladoulle o interese da Xunta de Galicia pola colectividade galega neste país do Río da Prata, traballando tanto para favorecer a súa situación como para apoiar a aquelas e aqueles retornados do país do Cono Sur na súa chegada a Galicia.
Novas relacionadas