Miranda reúnese co vicepresidente da Hermandad Gallega de Venezuela
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co vicepresidente da Hermandad Gallega de Venezuela, José Manuel Vieitez, para abordar a situación actual da comunidade galega en Venezuela e exploraron formas de reforzar o apoio institucional ás actividades culturais e sociais da Hermandad. Miranda destacou a importancia de manter o vínculo con Galicia e ofrecer soporte aos galegos e galegas que residen no país suramericano.
Vieitez agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia e subliñou a relevancia das iniciativas conxuntas para mellorar a calidade de vida da comunidade galega en Venezuela.
Novas relacionadas




