Miranda destacou a importancia das novas xeracións para manter os vínculos coas súas raíces durante o Encontro Folklórico Infantil Nenos do Mundo organizado pola Hermandad Gallega de Venezuela

  • Imaxe do Encontro Folclórico Infantil 'Nenos do Mundo'
    Imaxe do Encontro Folclórico Infantil "Nenos do Mundo"

Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 10 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao Encontro Folklórico Infantil Nenos do Mundo invitado pola Hermandad Gallega de Venezuela e no que puido desfrutar das actuacións dos diversos grupos infantís de Caracas que representan as tradicións musicais e de danza de Galicia, Asturias, Canarias, Portugal, Sevilla e da propia Venezuela. 

O acto desenvolveuse no Teatro Rosalía de Castro da entidade galega na capital do país americano, co grupo de danzas Eiras Nosas como anfitrión do mesmo. Rodríguez Miranda agradeceu a invitación a este evento, e destacou a importancia de que as novas xeracións promovan a cultura galega e española en Venezuela, demostrando así o amor pola terra das e dos seus devanceiros e mantendo os vínculos coa súa cultura.

269 lecturas