Miranda e o embaixador de España en Venezuela fortalecen a colaboración en apoio á comunidade galega

Imaxe da reunión celebrada na capital venezolana
Imaxe da reunión celebrada na capital venezolana
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 27 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co embaixador de España en Venezuela, Ramón Santos, á que tamén asistiron o cónsul xeral, Marcos Rodríguez Cantero, e o ministro conselleiro, Ricardo Santos, durante a súa visita ao país suramericano. No encontro, trataron diversos temas de interese para a comunidade galega residente en Venezuela, así como proxectos conxuntos para reforzar os lazos culturais e sociais entre Galicia e a diáspora galega.

Rodríguez Miranda destacou a importancia da cooperación institucional para mellorar as condicións de vida das e dos emigrantes galegos nunha contorna socioeconómica complexa como é a sociedade venezolana.

472 lecturas