Miranda reúnese co presidente do Centro Galego de Alacant co gallo da súa viaxe á Comunidade Valenciana
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa a recuperar o contacto directo coas entidades galegas de España, levando a cabo unha reunión co presidente do Centro Galego de Alacant, Albino Rial Cortizo, con quen analizou a situación dos galegos e galegas residentes nesta provincia da Comunidade Valenciana e a recuperación das diversas actividades da entidade.
O Centro Galego de Alacant naceu en 1969 e dende entón desenvolve non só encontros entre as e os galegos residentes nesta provincia, senón tamén traballa en prol do desenvolvemento da cultura galega a través de diversos obradoiros e actividades formativas, que durante a pandemia tiveron que realizarse de xeito telemático e que na actualidade se están a recuperar de forma presencial. De feito, recentemente remataron un obradoiro auspiciado pola Secretaría Xeral da Emigración dedicado á gaita.
Novas relacionadas




