Miranda inicia hoxe unha viaxe a Nova York para recuperar o contacto presencial cos galegos residentes na Costa Este de USA

O secretario xeral da Emigración participará mañá na cea de gala do 82 aniversario da Casa de Galicia nesta cidade.

Tamén manterá varias reunións cos representantes dos centros galegos situados nos estados de Nova Jersey e Nova York.

Miranda inicia hoxe unha viaxe a Nova York para recuperar o contacto presencial cos galegos residentes na Costa Este de USA
Miranda inicia hoxe unha viaxe a Nova York para recuperar o contacto presencial cos galegos residentes na Costa Este de USA
Listen to this page using ReadSpeaker
New York (Estados Unidos), 30 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha viaxe a costa este de Estados Unidos para recuperar o contacto presencial cos galegos residentes nos estados de Nova Jersey e Nova York tralos dous anos de pandemia.

Miranda participará así na cea de gala da do 82 aniversario da Casa de Galicia na Gran Mazá que terá lugar mañá, sábado, no local social deste centro.

Ademais, durante esta viaxe tamén manterá reunións cos representantes das distintas entidades galegas que se atopan neste área, tanto no estado de Nova York como no de Nova Jersey, onde se concentra unha gran parte da presenza galega nos Estados Unidos. Así, durante o encontro, analizaranse os proxectos futuros destes centros e as actividades que están a programar para os próximos meses de cara a continuar a facer presente e promocionar neste país a cultura galega. En Estados Unidos residen actualmente algo máis de 24.000 galegos.

302 lecturas