Vídeos da última visita do secretario xeral da Emigración ao Río da Prata
Recollemos aquí diversos cortes de vídeo -algún xa publicado nas redes sociais de Emigración- con varias das actividades institucionais da última viaxe do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, á Arxentina e O Uruguai.
Obradoiros de gastronomía galega
Organizados pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería do Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE, en Bos Aires e Montevideo celebráronse obradoiros de promoción da gastronomía galega. Neste vídeo Jorge Gago, chef do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela, presenta os produtos galegos cos que traballou nestes talleres; explica unha das súas elaboracións; e, finalmente, Elena Tejeira, chef invitada aos obradoiros en Montevideo, fálanos das súas orixes galegas.
Centenario de Carballiño en Bos Aires
O Centro Partido do Carballiño celebrou o seu centenario, e o secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que animou a seguir traballando a prol da colectividade galega. Miranda reivindicou tamén a supresión do voto rogado e da recuperación da nacionalidade para as e os galegos e o resto de españois e españolas residentes no exterior.
Mostra Manuel Aris, no cinema da emigración
No Patronato da Cultura Galega de Montevideo inaugurouse a exposición Manuel Aris, no cinema da emigración, baseado no documental homónimo de Xan Leira. O director lembra a figura de Manuel Aris (Poio 1920, Bos Aires 2013), quen foi considerado o principal cineasta da emigración española, e moi especialmente a galega, no Uruguai, ao que tamén dedica unhas palabras a súa filla, Cecilia Aris.
Novas relacionadas



