Vídeos da última visita do secretario xeral da Emigración ao Río da Prata

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2018.

Recollemos aquí diversos cortes de vídeo -algún xa publicado nas redes sociais de Emigración- con varias das actividades institucionais da última viaxe do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, á Arxentina e O Uruguai.

Obradoiros de gastronomía galega

Organizados pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería do Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE, en Bos Aires e Montevideo celebráronse obradoiros de promoción da gastronomía galega. Neste vídeo Jorge Gago, chef do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela, presenta os produtos galegos cos que traballou nestes talleres; explica unha das súas elaboracións; e, finalmente, Elena Tejeira, chef invitada aos obradoiros en Montevideo, fálanos das súas orixes galegas.

 

Centenario de Carballiño en Bos Aires
O Centro Partido do Carballiño celebrou o seu centenario, e o secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que animou a seguir traballando a prol da colectividade galega. Miranda reivindicou tamén a supresión do voto rogado e da recuperación da nacionalidade para as e os galegos e o resto de españois e españolas residentes no exterior.

 

Mostra Manuel Aris, no cinema da emigración
No Patronato da Cultura Galega de Montevideo inaugurouse a exposición Manuel Aris, no cinema da emigración, baseado no documental homónimo de Xan Leira. O director lembra a figura de Manuel Aris (Poio 1920, Bos Aires 2013), quen foi considerado o principal cineasta da emigración española, e moi especialmente a galega, no Uruguai, ao que tamén dedica unhas palabras a súa filla, Cecilia Aris. 

 

228 lecturas