Miranda inaugura en Bos Aires unha segunda edición ampliada dos “Obradoiros de sabores” ante a elevada demanda rexistrada, da man do chef Jorge Gago

O secretario xeral da Emigración, quen estivo acompañado polo embaixador de España, Javier Sandomingo, e o delegado da Xunta, Alejandro López, gabou a calidade e variedade da gastronomía galega.

O prestixioso cociñeiro do restaurante santiguagués A Maceta, Premio Cociñeiro Novo 2017 no Fórum Gastronómico, foi o encargado de realizar un showcooking ante unha trintena de profesionais arxentinas e arxentinos.

  • Os Obradoiros de Sabores son unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas consellerías do Mar e do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE
    Os Obradoiros de Sabores son unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas consellerías do Mar e do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE
  • Os Obradoiros de Sabores son unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas consellerías do Mar e do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE
    Os Obradoiros de Sabores son unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas consellerías do Mar e do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (A Arxentina), 15 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de inaugurar, nun acto presidido polo embaixador de España na Arxentina, Francisco Javier Sandomingo, os Obradoiros de Sabores en Bos Aires, unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE que ten como obxecto a promoción de produtos alimentarios  de orixe galega, nos ámbitos relacionados co empresariado galego no exterior. 

Xunto ao titular do departamento galego e ao embaixador, o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, foi testemuña de honra do showcooking levado a cabo polo chef Jorge Lago, natural do concello pontevedrés de Caldas de Reis e actual responsable do restaurante de Santiago de Compostela A Maceta, por cuxo labor recibiu en 2017 o Premio Cociñeiro Novo no Fórum Gastronómico celebrado na Coruña. A elevada demanda recibida para asistir ao acto levou á organización a ampliar a súa capacidade, incrementando nun 20% as prazas ata 30 para cada un dos pases do evento, que se volverán celebrar esta noite e mañá ao mediodía. As catro convocatorias están completas desde hai días e mesmo cunha lista de espera que levou a ampliar a súa capacidade.

Serán, así, un total de 120 as e os profesionais da restauración, os medios de comunicación, as distribuidoras  e o sector da alimentación en xeral quen teñan a oportunidade ao longo destas dúas xornadas de desfrutar dunha clase maxistral de cociña no Club Español da capital arxentina.

Un espazo de gastronomía
“Hai poucos sitios nos que un galego se poida sentir máis a gusto que en Bos Aires e rodeado de bos produtos do mar e a terra galegos e de chefs que os saben converter nun tesouro único. Os Obradoiros de Sabores naceron coa idea de traer a esta beira do Atlántico, que sentimos case tan nosa como a outra, un pouco máis de nós. Logo de coidar dos nosos compatriotas, de integralos na vosa cultura, costumes e realidade cotiá, queríamos facervos partícipes tamén deste luxo co que nos agasalla todos os días a nosa terra: a cociña”, salientou Miranda. 

Os Obradoiros de Sabores son un espazo especialmente deseñado para dar a coñecer os produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como da industria agroalimentaria galega, ás e aos representantes máis relevantes dos sectores da comercialización por xunto, importadores e coas e cos restauradores do país. Nel a prensa especializada tamén ten un lugar relevante, transformando esta iniciativa deste xeito nun escaparate dos produtos galegos comercializados nese país. Durante o showcooking/degustación infórmase ás e aos asistentes das especiais características dos produtos galegos, facendo especial fincapé nos produtos galegos de calidade diferenciada e de marcas de calidade.  

O evento contou, ademais, coa colaboración do Club Español de Bos Aires, presidido polo galego José Benito López Carballedo, e o Hotel NH City And Tower, propiedade doutro destacado emigrante galego, Florencio Aldrey Iglesias. Tamén procedentes de Galicia chegaron os produtos cos que se prepararon as elaboracións, cedidos por Daveiga, Naiciña, Lestedo, Quesaría Prestes, Conservas Los Peperetes, Algas de Portomuíños, Terras da Mariña, Fabas de Lourenzá, Grelos Milhulloa e as adegas Crego e Monaguillo, Veiga da Princesa, D´Berna, Manuel Rojo e Peza do Rei.

344 lecturas