O secretario xeral da Emigración recorda no programa “Bos días” da TVG que a Secretaría Xeral da Emigración conta cun servizo específico para que os galegos e galegas do exterior poidan documentar as súas orixes

Antonio Rodríguez Miranda, durante a entrevista no 'Bos Días' da Televisión de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda, durante a entrevista no 'Bos Días' da Televisión de Galicia
Entrevista a Antonio Rodríguez Miranda
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu ao programa Bos días da TVG para analizar a nova Lei de Memoria Democrática a través da que os galegos e galegas do exterior sen nacionalidade poderán optar a ela, sempre e cando cumpran os requisitos contidos na nova normativa. Durante a entrevista, o secretario xeral recordou que o departamento que dirixe conta cun servizo específico para que as e os galegos do exterior poidan documentar as orixes das e dos seus antepasados.

Rodríguez Miranda tamén explicou que, ademais do servizo ofrecido pola Secretaría Xeral a través do correo-e accion.social.emigracion@xunta.gal existe un acordo de colaboración cos arquivos diocesanos de Galicia para localizar documentos que acrediten a súa orixe galega. Ademais, en canto á nova Lei, o secretario xeral destacou tamén que se trata dunha normativa estatal e que as e os interesados deben informarse a través dos seus respectivos consulados do país de residencia. 

295 lecturas