Miranda anima aos socios e socias do Centro Partido do Carballiño a presumir de galeguidade na celebración do seu primeiro centenario
O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega.
O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega
De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración; o alcalde de San Amaro, o vicepresidente da Deputación de Ourense; o alcalde do Carballiño; o embaixador de España na Arxentina; o presidente do Centro Partido do Carballiño; e o alcalde da Municipalidad de Vicente López
O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega
O secretario xeral da Emigración fixo entrega ao presidente do Centro Partido do Carballiño, Emilio Nogueira, dunha placa conmemorativa do centenario da entidade galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou os socios e socias do Centro Partido do Carballiño a presumir de galeguidade durante os actos centrais de celebración do seu primeiro centenario, que tiveron lugar na sede da entidade. O titular galego da Emigración, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, fixo extensiva a súa invitación a todas e todos os galegos de América “nun día de ledicia para Galicia e para todos nós. A conmemoración dun século de vida dunha entidade galega como a do Carballiño ten que ser un motivo de orgullo para todos e cada un dos galegos espallados polo mundo, porque implica que o lazo que nos une a todos a Galicia segue máis vivo ca nunca”.
O acto de conmemoración do centenario, que comezou cunha aperta simbólica cos grupos de baile, música e canto da colectividade, prolongouse ao longo de todo o día e xirou en torno ao xantar popular organizado polos socios e socias da entidade e ás actuacións musical do grupo de baile Airiños do Carballiño, entre outras. O programa festivo de hoxe, domingo, pon fin a preto dunha intensa semana de actividades culturais e sociais coas que as e os socios e as institucións públicas, entre as que se atopa a Secretaría Xeral da Emigración, quixeron celebrar a entrada do Centro Partido do Carballiño no reducido grupo dos centros galegos que contan con máis dun século de vida e esforzo en prol da colectividade galega na Arxentina.
Reforzar os lazos culturais cos galegos e galegas do Uruguai
A axenda oficial do secretario xeral da Emigración levarao mañá ao Uruguai, onde manterá diversos encontros coa colectividade e presidirá a posta en marcha de varias propostas culturais coas que o Goberno galego busca estreitar os lazos que historicamente unen Galicia coas cidadás e os cidadáns galegos da outra beira do Atlántico. A inauguración dunha exposición sobre o cineasta galegouruguaio Manuel Arís, a do primeiro obradoiro gastronómico galego que se celebra no país, o Saborea Galicia, unha visita á Casa de Galicia e reunións con representantes dos galegos e galegas residentes no Uruguai conformarán os actos centrais do programa institucional do titular do departamento galego.
Novas relacionadas



