Miranda inicia hoxe unha viaxe institucional a Uruguai para reforzar os vínculos coa colectividade galega e acompañar os actos culturais e asociativos do país

Miranda participará no aniversario da Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai onde tamén se entregarán os Premios Novo Talento Emprendedor— e manterá encontros coa colectividade en distintos espazos culturais, sociais e empresariais.

Miranda inicia hoxe unha viaxe institucional a Uruguai para reforzar os vínculos coa colectividade galega e acompañar os actos culturais e asociativos do país
Miranda inicia hoxe unha viaxe institucional a Uruguai para reforzar os vínculos coa colectividade galega e acompañar os actos culturais e asociativos do país
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 28 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha viaxe institucional a Uruguai co obxectivo de reforzar a colaboración coa colectividade galega e acompañar os actos organizados polas principais entidades galegas do país. Ó longo da súa estadía en Montevideo, Miranda participará no aniversario da Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai —onde tamén se entregarán os Premios Novo Talento Emprendedor— e manterá encontros coa colectividade en distintos espazos culturais, sociais e empresariais.

A axenda incluirá tamén a participación no Centro Ourensán dun encontro con todas as entidades galegas en Montevideo, e outras entidades.

Esta viaxe enmárcase na liña de acción da Secretaría Xeral da Emigración para manter unha relación directa coas comunidades galegas no exterior, apoiar o seu labor e avanzar en novas vías de cooperación no marco da Estratexia Galicia Retorna.

251 lecturas