A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina celebra o Día de Galicia cun gran espectáculo musical
O sábado 26 de xullo, dende as 19, con entrada libre e gratuíta.
Como é tradicional, cada ano, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina celebrará o Día de Galicia cun multitudinario espectáculo musical que se desenvolverá o próximo sábado 26 de xullo, a partir das 19, no Teatro Bambolinas, situado en Chacabuco 947, do porteño barrio de San Telmo.
Con entrada libre e gratuíta, presentaranse a recoñecida Agrupación Folclórica Baixo Miño, o Grupo Arzuano Mellidense e a Orquestra Escola Xuvenil de San Telmo, dirixida pola profesora Clara Ackermann.
Tamén participará a destacada Banda de Gaitas "Dúas Beiras, que orienta o profesor José "Pepe" Lema, xunto á agrupación folclórica "Alborada" de ABC de Corcubión.
Os organizadores da reunión artística, sinalaron que a variedade de conxuntos musicais da colectividade, permitirá ofrecer -para deleite do público-, un amplo repertorio dos tradicionais temas galegos.
O acto culminará coa preparación da típica queimada galega, que será servida xunto ás tradicionais rosquillas.
Novas relacionadas




