A Federación de Asociaciones Gallegas celebra o «Día de Galicia»

A xornada estará amenizada con actuacións musicais e culminará cunha queimada galega.

Listen to this page using ReadSpeaker
18 de xullo de 2011.

A Federación de Asociacines Gallegas de la República Argentina celebra o próximo 25 de xullo o Día de Galicia coa organización de varios eventos organizados para o sábado 23 de xullo, dende as 18.30, no Teatro Bambolinas, situado en Chacabuco 947, do porteño barrio de San Telmo.

Durante a xornada actuará o grupo de música galega e asturiana Os Furafoles. Tamén enriquecerán a festa o grupo de gaitas e baile galego Dúas Beiras (baixo a dirección do mestre José Lema e do profesor Rodrigo Fitz Simmons), a Coral Semente (orientado pola profesora Viviana García), e os integrantes do Taller de Teatro, que representarán unha obra alusiva, baixo a condución da profesora Mercedes Torre.

Con entrada libre e gratuíta, o acto culminará coa tradicional queimada galega, a cargo de Ramón Suárez O Muxo, que relatará o habitual conxuro durante a preparación desta típica bebida.

Para máis información, os interesados e interesadas poderán consultar as súas dúbidas no teléfono 4300 1790, de luns a venres, de 17 a 20, ou ben dirixirse a entidade.

1200 lecturas