O conselleiro de Cultura reuniuse hoxe co presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina

  • O conselleiro de Cultura durante a entrega da zanfona artesanal que completará a colección do MEGA
    O conselleiro de Cultura durante a entrega da zanfona artesanal que completará a colección do MEGA
  • O conselleiro de Cultura durante a entrega da zanfona artesanal que completará a colección do MEGA
    O conselleiro de Cultura durante a entrega da zanfona artesanal que completará a colección do MEGA
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2013.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse hoxe co presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, Francisco Lores, para facerlle entrega dunha zanfona artesanal que completará a colección do Museo da Emigración Galega na Arxentina.

Neste acto tamén estiveron presentes o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro.

1059 lecturas