A Orde da Vieira entregou cinco novos Madrigallegos de Oro
Os premios Galeguidade no Mundo foron outorgados a Ángel Carracedo, ao Museo do Pobo Galego e ao xornal De Luns a Venres.
Preto de 300 persoas asistiron á gala.
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, pechou o acto coa pronuncia dunhas palabras ás e aos asistentes.
O doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina legal da USC, recibiu o premio Galeguidade no Mundo 2013.
O doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina legal da USC, recibiu o premio Galeguidade no Mundo 2013.
Antonio Rodríguez Miranda, Jose Ramón Ónega e Leopoldo Calvo Sotelo (fillo).
Imaxe da entrega de distincións.
O secretario xeral da Emigración xunto cos representantes do Museo do Pobo Galego e De Luns a Venres.
Imaxe do acto, que congregou a 270 persoas.
Imaxe do acto, que congregou a 270 persoas.
Imaxe do acto, que congregou a 270 persoas.
Un éxito rotundo, como de costume. Así cabe cualificar a celebración, a noite do pasado sábado, do XLVI Capítulo Ordinario da Enxebre Orde da Vieira. A Gala tivo lugar no Hotel Meliá Castilla de Madrid e contou coa asistencia de máis de 270 persoas; entre elas, persoas membros de Centros Galegos da diáspora, como Nova York, Nova Jersey, Porto Rico e Portugal -a EOV xa conta con representación en 24 países de tres continentes, Europa, América e Asia-.
Numerosas personalidades do mundo empresarial, a cultura, a política e a ciencia, déronse cita nesta singular festa da galeguidade, que cada ano nos regala a EOV grazas ao inestimable traballo da súa Xunta Directiva e moi especialmente do seu coordinador, Carlos de Blas.
As palabras de inauguración estiveron A Cargo do Gran Canceller da Orde, Enrique Santín, quen lanzou un emotivo discurso ás e aos alí presentes no que rememorou importantes fitos alcanzados na historia da Orde vinculados principalmente ao éxito do emprendedor galego tanto en España coma no estranxeiro.
Nesta ocasión baixo o lema "Emprendedores, Orgullo de Galicia", a Orde da Vieira outorgou os seus premios e recoñecementos anuais nunha gala conducida, como de costume, polo comunicador e mestre de cerimonias, Xosé Luis Blanco Campaña. Estaban presentes, entre outros, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta; Xesús Palmou, membro do Conselo de Contas e José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia.
Recibiron os premios "Madrigallegos de Oro": ao mérito empresarial, Manuel Domínguez Limeres, presidente do Grupo Combarro; ao mérito no Servizo Público, Aurelio Miras Portugal, director xeral de Migracións do Goberno de España; ao mérito no exercicio da Medicina, Juan José Fernández Ramos, director xerente do Hospital Moncloa; ao mérito na Comunicación, Piar Falcón Osorio, xornalista e presidenta do Club de Xornalistas Galegos de Madrid; e, ao mérito xurídico, Ramón López Vilas, catedrático e maxistrado do Tribunal Supremo.
Ingresaron na Orde como novos e novas confrades quince destacadas personalidades do mundo da galeguidade, como o secretario xeral do Grupo Inditex, Antonio Abril Abadín; o presidente do Padroado Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González; o fundador de Castrosua, José Castro Suárez; o presidente do Grupo Ingapan J. Manuel Chousa Vázquez; o fundador de Brikoking, Juan José Jaén Rodríguez; o fundador de Agrobazán., Manuel J. Outeiro Candeira; o director do Foro de Marcas Renombradas, Miguel Otero Toranzo; o director do diario ABC, Bieito Rubido; o fundador de Urovesa, José Sierra Fernández; o presidente do Grupo Nosa Terra 21, S. A., José Silveira Cañizares; o presidente do Grupo Mondariz, Javier Solano Rodríguez-Losada; o presidente do Grupo Gadisa, Roberto José Tojeiro; a socia directora de Marta Vázquez Asociados, Mónica Vázquez Rojo; o presidente do Grupo Delvesa, Amando Veiga Corral e, por último, o presidente do Grupo Villar Mir, Juan Miguel Villar Mir, quen tivo ao seu cargo o discurso en nome dos novos membros da Orde.
Finalmente, foron galardoados co premio Galeguidade non Mundo 2013, o doutor Ángel Carracedo Álvarez, por desenvolver toda a súa brillante vida profesional e científica en Galicia, conseguindo ser un dos científicos e científicas de maior prestixio en todo o mundo no campo da xenética forense; o Semanario De luns a venres, por ser un diario comprometido co galego, tanto na súa edición impresa coma na dixital; e por último o Museo do Pobo Galego, polos seus trinta e seis anos de progresiva e intensa actividade cultural, como entidade dinámica que acolle e conserva unha síntese da cultura popular galega nas súas diversas facetas, para estudos de investigación e de divulgación. A Vieira de Honra á Calidade Artística foi concedida á Coral Casablanca do Círculo Mercantil de Vigo. Ao final da gala, as e os presentes cantaron o Himno Galego.
Fonte: El Correo Galllego
Novas relacionadas



