Gonzalo de Vigo, o primeiro emigrante

Tripulante enrolado na expedición de Magallanes, quedou nunha das chamadas illas de Los Ladrones, hoxe Marianas, con outros dous compañeiros portugueses aos que mataron os indios.

Años despois deuse a coñecer á frota mandada polo xeneral García de Loaysa que en 1525 seguiu a ruta de Magallanes e os seus coñecementos xeográficos, de costumes e de estilos do lugar fóronlles de grande axuda, pois facilitoulles o contacto coa poboación nativa.

Ruta da expedición de Magallanes. Foto: Faro de Vigo.
Ruta da expedición de Magallanes. Foto: Faro de Vigo.
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 3 de marzo de 2013.

O primeiro emigrante galego ás terras afastadas chamábase Gonzalo de Vigo, cítaselle na obra de Martín Fernández de Navarrete sobre viaxes españois e del fálase con detalle o 2 de marzo de 1928 nunha crónica asinada por Javier Montero. Conta que o 24 de Xullo de 1525 fíxose á vela, mandada polo xeneral García de Loaysa unha expedición que seguiu a ruta de Magallanes.

Nos primeiros días de Setembro de 1526 divisaron a illa sur do grupo de Los Ladrones, (Marianas) descuberta na viaxe de Magallanes, e ao aproximarse, achegouse unha canoa con homes de terra, pero un deles saudounos de lonxe ao uso de España, do que se marabillaron, e dicíndolle que fose a bordo, non se atrevía sen que se lle desen seguro Real.

Obtívoo, entrou no buque, dixo que era galego e que se chamaba Gonzalo de Vigo, procedente da nao "Trinidad", do mando de Gonzalo Gómez de Espinosa. Que na viaxe anterior de Magallanes quedara na illa con outros dous compañeiros portugueses, aos que mataron os indios por certas barbaries que cometeron, e que a el levárono a esa illa na que ata entón se achaba.

Cóntase na crónica que ese home serviu moito á nao, porque sabía moi ben a lingua das illas. Porque Gonzalo de Vigo permanecera entre a poboación indíxena, internouse nos seus pobos e conviviu cos e coas naturais. Sentiu a necesidade da permanencia e alí quedou.

Informador útil
O galego precursor das e dos emigrantes foi da máxima utilidade para os da frota. O relato da expedición de Loaysa e sucesores, entre eles Juan Sebastián de Elcano, que foi xurado capitán xeral á morte de García de Loaysa, consigna os grandes servizos de quen se lles aparecera providencialmente. E non só polo idioma, senón polos coñecementos xeográficos, de costumes e de estilos do lugar.

Segundo lles dixo Gonzalo de Vigo, eran trece illas, "que corren N. S., dende 12º ata 19° de latitude N. e que nelas non hai gando, galiñas nin outros animais, e os alimentos redúcense a gran cantidade de arroz, peixe, cocos, aceite de cocos e sal,". E con esa información partiron para as de Maluco antes de amencer, indo con eles Gonzalo de Vigo pola súa vontade.

Foi o batel a terra e o galego Gonzalo de Vigo sabía un pouco a lingua malaia, e entendíase cos e coas do país. Estaban a facer amizades co rei, que lles quería dar provisións.

As dificultades con que tropezaron os descubridores ao non entender ás e aos naturais das terras de América e de Oceanía resolveunas, para unha das expedicións, o galego emigrante Gonzalo de Vigo, home modesto pero útil, figura tan eminente ante Loaysa e Elcano como podrecía selo un home de cátedra e laboratorio que tivese aprendido a ciencia de vivir nas distancias, falase idiomas descoñecidos para Europa, coñecese usos e soubese a xeografía local.

 

Fonte e foto: Faro de Vigo

1222 lecturas