Feijóo destaca que, a pesar da crise, Galicia non está deixando sen facer ningunha infraestrutura que xere emprego ou que consolide o benestar social dos galegos

“Galicia está cumprindo o que se lle pediu durante a crise que é manter a solvencia da comunidade, que é seguir facendo todas as infraestruturas fundamentais para a economía. Todo é posible se somos capaces de priorizar e Galicia está acertando na priorización. Seguiremos coas infraestruturas viarias, portuarias, coas infraestruturas hospitalarias e coas infraestruturas sociais”, afirma

Subliña que o porto de Brens, no primeiro semestre do ano, xa superou nun 140% o volume de mercadorías que se moveron no mesmo período o ano pasado

No tocante ao porto de Sardiñeiro, en Fisterra, resalta que con esta obra dáse cumprimento a unha vella demanda dos mariñeiros da zona que tiñan que ir a Corcubión para deixar as súas embarcacións

Sobre as infraestruturas viarias salienta que “o 60% da Autovía da Costa da Morte está en plena execución, polo que seguimos mantendo a data do ano 2013 para finalizala”

  • Alberto Núñez Feijóo na visita que realizou onte ao novo porto de Brens (Cee) Autor: Conchi Paz
    Alberto Núñez Feijóo na visita que realizou onte ao novo porto de Brens (Cee) Autor: Conchi Paz

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou onte que, a pesar da crise económica, Galicia non está deixando sen facer ningunha infraestrutura que xere emprego ou que consolide o benestar social dos galegos. “Galicia –dixo- está cumprindo o que se lle pediu durante a crise que é manter a solvencia da comunidade, que é seguir facendo todas as infraestruturas fundamentais para a economía. Todo é posible se somos capaces de priorizar e Galicia está acertando na priorización. Seguiremos coas infraestruturas viarias, coas infraestruturas portuarias, coas infraestruturas hospitalarias e coas infraestruturas sociais”.

Durante unha visita aos novos portos de Brens (Cee) e Sardiñeiro (Fisterra), o titular da Xunta referiuse a ambas as dúas obras como exemplos, xunto coas infraestruturas viarias, do compromiso do Goberno galego coa dinamización económica da Costa da Morte e como exemplos do compromiso “cunha Galicia que quere priorizar e prioriza os investimentos máis importantes para saír do atranco económico que está a vivir España”.

No tocante ao porto de Brens, Feijóo destacou, cun investimento de preto de 16 millóns de euros, a importancia desta obra desde o punto de vista da competitividade da economía da Costa da Morte. E, neste senso, resaltou que este porto ten incrementado nunha forma notabilísima a súa capacidade de produción económica e de produción de riqueza ao permitir a entrada de entre 6 e 10 buques de 25.000 toneladas; e, no primeiro semestre do ano, xa superou nun 140% o volume de mercadorías que se moveron no mesmo período o ano pasado.

“Hoxe (por onte), neste porto poden entrar 100.000 toneladas de manganeso, cando antes podían entrar 8.000 e 80.000 toneladas de madeira fronte as 2.000 toneladas de antes. Brens está preparado para recibir buques de gran tonelaxe; está a disposición da economía produtiva desta zona e a disposición de calquera mercante”, aseverou.

No tocante ao porto de Sardiñeiro, en Fisterra, Feijóo explicou que, tras un investimento de algo máis de 1 millón de euros, con esta obra dáse cumprimento a unha vella demanda dos mariñeiros da zona que tiñan que ir a Corcubión para deixar as súas embarcacións.

O responsable autonómico referiuse, tamén, ás infraestruturas viarias, entre as que destacou a Autovía da Costa da Morte, as obras de mellora da estrada entre Cee e A Coruña e a Variante de Cee, cun investimento de 20 millóns de euros e que está operativa desde fai uns meses . “Neste momento –dixo- o 60% da Autovía da Costa da Morte está en plena execución, polo que seguimos mantendo a data do ano 2013 para finalizala; levamos investidos 12 millóns de euros en mellorar a estrada entre Cee e A Coruña e seguiremos traballando”.

1202 lecturas