Feijóo avanza a oferta de Pemex de que os estaleiros galegos participen na licitación para a construción de 7 buques abastecedores, cun investimento de máis de 100 millóns de euros

Lembra que a decisión da empresa latinoamericana de construír en Punta Langosteira a súa primeira plataforma en Europa de hidrocarburos supón incrementar o 20% dos tráficos actuais do porto da Coruña e incrementar un 15% o total de ingresos do porto.

Destaca que, neste momento, Pemex xa ten enriba da mesa as propostas e as ofertas dos estaleiros galegos para a construción de 14 remolcadores -7 para construír nos estaleiros de Galicia e outros 7 en coordinación cos estaleiros mexicanos- e, nas próximas semanas, establecerá cáles son os adxudicatarios.

  • O presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello Autor: Ana Varela
    O presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello Autor: Ana Varela
  • O presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello Autor: Ana Varela
    O presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello Autor: Ana Varela
Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte, na rolda de prensa do Consello, a oferta feita pola empresa Petróleos Mexicanos Pemex aos estaleiros galegos para que participen no concurso internacional presentado pola petroleira para a construción de 7 buques abastecedores, cun investimento de máis de 100 millóns de euros.

“Pemex, definitivamente, esta noite, comunicou aos estaleiros galegos a súa decisión de licitar 7 buques abastecedores, cun investimento de algo máis de 100 millóns de euros, nos que formalmente solicita ofertas aos estaleiros galegos”, explicou o presidente, e engadiu que esta posibilidade suporía unha ampliación da alianza estratéxica que Galicia ten con PEMEX dende o pasado mes de maio.

Así mesmo, o titular da Xunta trasladou os avances que se teñen producido nesta alianza entre o sector naval galego e a empresa mexicana, como demostra, onte, o BOE coa publicación do anuncio da solicitude formal, previo pago do aval, da petroleira mexicana para instalarse no porto exterior de Punta Langosteira. “Despois de que Pemex subscribira o aval obrigatorio para solicitar a reserva de espazo para construír a primeira plataforma en Europa de hidrocarburos titularidade de Pemex; onte, o BOE publica ese anuncio o que significa que inicia os prazos para o investimento necesario da construción dese terminal. Este investimento supón incrementar o 20% dos tráficos actuais do porto da Coruña e supón incrementar un 15% o total de ingresos do porto da Coruña”.

Feijóo afirmou que con este anuncio, o obxectivo no que se refire aos intereses portuarios contidos na alianza está cumprido ao 100%.

No que se refire á alianza no relativo a barcos e buques, o responsable autonómico explicou que, neste momento, a empresa latinoamericana xa ten enriba da mesa as propostas e as ofertas dos estaleiros galegos para a construción de 14 remolcadores -7 remolcadores para construír nos estaleiros de Galicia e outros 7 en coordinación cos estaleiros mexicanos- e, nas próximas semanas, establecerá cáles son os adxudicatarios. “Isto supón –lembrou- un contrato de 250 millóns de euros e 2.500 postos de traballo”.

970 lecturas