Camba e Gamallo analizan temas de interese común co presidente do Consello Arxentino para as relacións internacionais

Adalberto Rodríguez Giavarini amosouse interesado nos procesos de integración europea e no financiamento autonómico español.

O Secretario de Emigración visitou tamén o Centro Galego de Xubilados e Pensionados da República Arxentina e a Unión de Sociedades Galegas.

Listen to this page using ReadSpeaker
1 de setembro de 2009.

O Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, e o Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, veñen de reunirse co presidente do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI), Adalberto Rodríguez Giavarini, con quen analizaron temas de interese común ente os dous territorios.

A delegación da Xunta con membros do consello Arxentino para as Relacións Internacionais

No encontro, que tivo lugar na sede do CARI, tamén participaron o Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, o Secretario Académico do CARI, José María Llados; e o Director do Comité de provincias da institución, Embaixador Eduardo Iglesias.

Tras este primeiro encontro no que os responsables da Xunta e do CARI atoparon ámbitos comúns de estudio e da aplicación das políticas públicas, tanto en áreas locais, provinciais, nacionais e mesmo supranacionais, concretarán una axenda de contactos periódicos para traballar na consecución de vías de colaboración. Segundo manifestou Santiago Camba, “o CARI é unha das institucións con maior prestixio no que a relacións internacionais atinxe e o Goberno galego ten interese en cooperar con eles”.

Pola súa banda, o Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE asegurou que na xuntanza abordáronse, concretamente, asuntos nos que Galicia pode achegar a súa experiencia propia como son o fenómeno das autonomías, o seu financiamento dentro do Estado español, o proceso de descentralización e a experiencia da integración europea. Segundo Gamallo, estes son asuntos nos que se interesou Giavarini e que ocupan a atención deste foro. “Nel analízanse políticas e estratexias que poden ser comparadas ou contrapostas a realidades locais como son a da república Arxentina, as súas provincias federadas, a súa inmersión no Mercosur, así como noutras entidades de caracter rexional”, explicou. 

Visita ás institucións da emigración
Pola mañá, o responsable da área de emigración do Goberno galego desprazouse ata a localidade de Avellaneda para coñecer as instalacións do Centro Galego Xubilados e Pensionados da República Arxentina. Alí reuniuse co presidente da entidade, Perfecto Marcote. Santiago Camba destacou o traballo a prol dos anciáns máis necesitados que desenvolve este centro galego. “Nomeadamente, dixo, nas épocas de máis necesidade como na crise arxentina de 2001”. “Queremos seguir renovando o apoio da Xunta a este tipo de iniciativas que, segundo entendemos, -sinalou- son piares importantes da colectividade no exterior”.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, no transcurso da visita ao Centro de Jubilado se Pensionados de Avellaneda

Así mesmo o Secretario de Emigración achegouse pola tarde ata o Centro Lalín, onde se reuniu coa nova directiva da Unión de Sociedades Galegas. Na súa intervención, desexoulles éxitos na nova xestión destacou a importancia da tendencia ao agrupamento e ao traballo conxunto das entidades da colectividade.

2437 lecturas