O Secretario Xeral da Emigración e o Director de Relacións Exteriores viaxarán a Arxentina e a o Uruguai

Cumprirase co compromiso electoral do traslado da sé da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires xerenciada por Alejandro López Dobarro.

O secretario xeral de Emigración participará no acto de conmemoración polo 130º aniversario do Centro Gallego de Montevideo, o máis antigo da colectividade en funcionamento.

A nova viaxe institucional levaraos a estreitar novos lazos de colaboración internacional: xuntaranse co embaixador de España na Argentina e con membros da Jefatura del Gobierno de Buenos Aires e mailo presidente do Consejo Argentino para las Relaciones Internacionales- CARI-. O delegado da Xunta en Buenos Aires, Alejandro López, sumarase ás xuntanzas.

Camba apoiará un protocolo de colaboración sociosanitaria entre as mutuas arxentinas CIMECO e OSPAÑA, pola que se verán beneficiados os galegos inscritos no área de influencia da cidade de Buenos Aires e visitará distintos centros galegos da colectividade.

Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, xunto ao director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, iniciarán unha nova viaxe institucional durante cinco días a Arxentina e ao Uruguai. En Buenos Aires reuniranse co embaixador de España na Arxentina, Rafael Estrella Pedrosa, e con membros do equipo da Jefatura del Gobierno de Buenos Aires, que dirixe Mauricio Macri. Así mesmo, entrevistaranse co presidente do Consejo Argentino para las Relaciones Internacionales- CARI-, Adalberto Rodríguez Giavarini. O delegado da Xunta en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, sumarase ás distintas xuntanzas de traballo.

O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, trasladarase ademais a Montevideo para asistir á celebración do 130 aniversario do Centro Gallego de Montevideo, decano de las instituciones gallegas existentes en el exterior e o centro galego máis antigo da colectividade en funcionamento.

O próximo martes, 1 de setembro, farase a apertura oficial da sé da Delegación da Xunta de Galicia Buenos Aires, xerenciada por Alejandro López Dobarro. O acto responde ao compromiso electoral adquirido, o que supón o traslado das instalacións ao Centro Galicia, referente da colectividade galega no pais austral.

Doutra banda, o responsable do área de Emigración da Xunta de Galicia, apoiará un protocolo de colaboración sociosanitaria entre as mutuas arxentinas CIMECO e OSPAÑA, pola que se verán beneficiados os galegos inscritos no área de influencia da cidade de Buenos Aires e visitará distintos centros galegos da colectividade. Camba completará o programa con entrevistas coas xuntas directivas de Centros galegos da colectividade na Arxentina como: a Asociación Civil de Jubilados y Pensionados de Avellaneda, o Tercio de Gallegos de Buenos Aires ou a Unión de Sociedades Galegas da República Argentina.

Programa de actos públicos para a prensa:

BUENOS AIRES:

Xoves, 27 de agosto

18:00h. Sinatura de protocolo entre OSPAÑA con CIMECO Obra Social de Ciencias Económicas na sé do Centro Gallego de Buenos Aires

Venres, 28 de agosto

12:00h. Visita Embaixada de España. Recibirá aos representantes da Xunta o embaixador, Rafael Estrella Pedrola e mailo consejero de Trabajo e Inmigración, Guillermo Hernández Cerviño. En Mariscal Ramón Castilla, 2720 (esquina Avda. del Libertador, 2075)

15:30h. Reunión con membros do equipo de Mauricio Macri, da Jefatura del Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires. Acoden por parte del Gobierno de la Ciudad: Fulvio Pompeo, director de Relaciones Internacionales e Claudio Avruj, director general de Relaciones Institucionales. En Avda. de Mayo, 500

17:00h. Visita á sé do Tercio de Gallegos. Avda., Antártida Argentina, 1535

19:00h. Visita á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. En C/ Chacabuco, 955

MONTEVIDEO:

Sábado, 29 de agosto

21.30 h.: Celebración do 130º aniversario do Centro Gallego de Montevideo, no Parque Polideportivo de Carrasco, Avda. de Italia, 7504. Carrasco, Montevideo

BUENOS AIRES:

Luns, 31 de agosto

10:00h. Visita á Asociación Civil Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina.Avellaneda

17:00h. Reunión no Consejo Argentino para las Relaciones Internacionales, CARI, co presidente, Adalberto Rodríguez Giavarini, e o secretario académico, José Mª Llados

19:30h. Encontro coa nova xunta directiva da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina en el Centro Lalín. Moreno, 1949

Martes, 1 setembro

12.00 h.: Apertura da nova sé da Oficina da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires, no Centro Galicia de Buenos Aires, en Avda. Bartolomé Mitre, 2550

2003 lecturas