Miranda participa na clausura do obradoiro de baile da Irmandade Galega na Suíza

  • Miranda participa na clausura do obradoiro de baile da Irmandade Galega na Suíza.
    Miranda participa na clausura do obradoiro de baile da Irmandade Galega na Suíza.

Listen to this page using ReadSpeaker
Xenebra (Suíza), 21 de novembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á clausura do obradoiro de baile organizado pola Irmandade Galega na Suíza este ano. Coa súa presenza neste acto de clausura, o representante do Executivo autonómico trasladou o respaldo da Xunta de Galicia á actividade cultural que desenvolve esta entidade no país helvético.

No evento, o secretario xeral da Emigración estivo acompañado por Juan Blanco, responsable do centro educativo High School Voltaire, entidade colaboradora da Irmandade e que presta as súas instalacións para a realización dos obradoiros.

A través desta visita, o responsable autonómico puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar a vida social da colectividade, recoñecendo o labor constante que realizan as asociacións galegas no exterior para preservar e transmitir o noso folclore e tradicións.

150 lecturas