Miranda participa na clausura do obradoiro de baile da Irmandade Galega na Suíza
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á clausura do obradoiro de baile organizado pola Irmandade Galega na Suíza este ano. Coa súa presenza neste acto de clausura, o representante do Executivo autonómico trasladou o respaldo da Xunta de Galicia á actividade cultural que desenvolve esta entidade no país helvético.
No evento, o secretario xeral da Emigración estivo acompañado por Juan Blanco, responsable do centro educativo High School Voltaire, entidade colaboradora da Irmandade e que presta as súas instalacións para a realización dos obradoiros.
A través desta visita, o responsable autonómico puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar a vida social da colectividade, recoñecendo o labor constante que realizan as asociacións galegas no exterior para preservar e transmitir o noso folclore e tradicións.
Novas relacionadas






