Miranda agradece e salienta a importancia da divulgación do Camiño de Santiago “por parte de cada galego no exterior”

Miranda agradece e salienta a importancia da divulgación do Camiño de Santiago “por parte de cada galego no exterior”.
Miranda agradece e salienta a importancia da divulgación do Camiño de Santiago “por parte de cada galego no exterior”.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Fernando Eisenberg Bugallo, fundador da Asociación Cultural Galega do Centro Español de Porto Alegre, así como responsable da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS).

A reunión permitiu afondar na colaboración entre estas entidades e a Xunta de Galicia, coñecendo de primeira man o labor que desenvolven a prol da colectividade galega no Brasil e da promoción da cultura xacobea.

O secretario quixo agradecer a divulgación que dan desde as entidades pola divulgación do Camiño de Santiago e animou a seguir facéndoo agora máis que nunca, ás portas dun novo Ano Santo Xacobeo. E destacou que é o labor de cada galego e galega no exterior a mellor maneira de divulgar o Camiño.

31 lecturas