O secretario xeral da Emigración interésase pola situación da colectividade galega en Salvador de Bahía nun encontro coa Asociación Caballeros de Santiago

O Secretario Xeral da Emigración interésase pola situación da colectividade galega en Salvador de Bahía nun encontro coa Asociación Caballeros de Santiago
O Secretario Xeral da Emigración interésase pola situación da colectividade galega en Salvador de Bahía nun encontro coa Asociación Caballeros de Santiago
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago (Brasil), Carlos García Hermida, e co vicepresidente da entidade, Francisco Javier Piñeiro García, para analizar a situación da colectividade galega residente no país brasileiro e do propio centro que agrupa, actualmente, a mais de 300 socios galegos.  

Rodríguez Miranda destacou o labor desta entidade que traballa en prol da colectividade galega de residentes en Salvador de Bahía e que conta cun punto de atención social a través do que se informa sobre as políticas de retorno e de axuda social da Xunta da Galicia. Tamén traballa na promoción da nosa cultura entre a sociedade desta localidade. Brasil conta cunha importante cifra de galegos do exterior, preto de 50.000, sendo o segundo país do continente americano onde máis cidadáns galegos residen tras Arxentina. 

231 lecturas