Rodríguez Miranda: "O importante é manter a axuda a Venezuela ao longo do tempo"

O secretario xeral da Emigración afirma que xa están operando as axudas da Xunta para atender os afectados por emerxencias ou catástrofes naturais.

Rodríguez Miranda: 'O importante é manter a axuda a Venezuela ao longo do tempo',
Rodríguez Miranda: "O importante é manter a axuda a Venezuela ao longo do tempo",
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026.

Nunha entrevista para o programa Bos días da Televisión de Galicia esta mañá, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recoñece que a situación en Venezuela é dramática e que aínda non sabe "en que situación están" os galegos que continúan desaparecidos.

Tras conversar coa colectividade galega en Venezuela por videoconferencia, o responsable de Emigración do Goberno galego apunta que “a nosa xente está impactada e moi intranquila", porque a terra segue tremendo. 

Rodríguez Miranda asegura tamén que se está facendo un traballo "excepcional" desde Galicia para axudar os damnificados polo dobre tremor. Do mesmo xeito, recoñece que a solidariedade "se disparou" en Galicia, pero que o importante agora é avaliar as necesidades dos afectados pola catástrofe e manter as axudas no tempo.

"Os centros galegos e españois non dan case recollido toda a axuda que lles chega. O importante non é mandar hoxe, senón prepararse para manter esa axuda ao longo do tempo".

Rodríguez Miranda explica que a Xunta conta con axudas para emerxencias ou catástrofes naturais "que xa están operando". O Goberno galego dispón dunha rede de asistencia social para axudar as familias que quedaron sen casa e darlles acompañamento. Ademais, están avaliando realizar colaboracións directas coa Hermandad de Venuezuela.
 

206 lecturas