Emigración mantén unha reunión de traballo para informar ás entidades galegas do exterior sobre as axudas para o funcionamento e actividades culturais e para o apoio infraestrutural deste ano
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo xunto a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, unha reunión de traballo cos membros das entidades galegas de España, Europa e América para informarlles sobre dúas das liñas de axudas que este departamento ten en marcha para as entidades galegas do exterior, a destinada a gastos de funcionamento e proxectos culturais e a que ten como finalidade a realización de obras e compra de equipamentos.
A primeira destas convocatorias vai dirixida a apoiar gastos de funcionamento, a realización de proxectos culturais, sociais, accións informativas, proxectos promovidos pola xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, finalizando o próximo 26 de marzo.
A outra convocatoria destínase á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións para que poidan realizar as súas actividades nas mellores condicións. O prazo de presentación de solicitudes, que tamén é dun mes, finaliza o vindeiro 19 de marzo.
Novas relacionadas




