Miranda: “Estes diplomas reflexan o orgullo e a emoción dunha Arxentina que segue a sentir a Galicia como a súa casa”

 Mirada lembrou que cada persoa que participa nos programas da Secretaría Xeral da Emigración “regresa máis conectada coa súa historia, coa súa cultura e co seu lugar no mundo como parte da Galicia global”.

  • Miranda: “Estes diplomas reflexan o orgullo e a emoción dunha Arxentina que segue a sentir a Galicia como a súa casa”

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 5 de decembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou en Bos Aires na entrega das compostelas e diplomas dos programas Reencontros con Galicia, Conecta co Voluntariado e Conecta con Galicia no Camiño. Este ano, máis de 140 persoas da colectividade arxentina participaron nas distintas iniciativas, que combinan reencontro, peregrinación, voluntariado e fortalecemento da identidade galega.

Miranda salientou que Arxentina representa “un caso único no mundo, no que as xeracións que chegaron a principios e mediados do século XX foron quen de preservar Galicia na memoria familiar e, sobre todo, de transmitila intacta aos seus descendentes”. O secretario explicou que estes programas permiten que os máis novos “vivian o que tantas veces escoitaron na casa”, mentres que os maiores “pechan un círculo emocional ao volver á terra que nunca deixaron de sentir como propia”.

“O que recoñecemos hoxe non é só unha participación nun programa”, afirmou, “é a forza dunha comunidade que fixo de Galicia un legado compartido”. Segundo Miranda, a Xunta quere “honrar ese inmenso traballo das familias arxentinas e ofrecerlles ás novas xeracións a oportunidade de completalo e renovalo” a través destes programas que unen emoción, identidade e futuro.

Por ultimo, engadiu que estes encontros demostran que a galeguidade en Arxentina segue viva, activa e orgullosa, e que cada persoa que participa nestes programas “regresa máis conectada coa súa historia, coa súa cultura e co seu lugar no mundo como parte da Galicia global”.

322 lecturas