Miranda presenta ante os case 80 beneficiarios e beneficiarias da Arxentina do ‘Conecta con Galicia’ o vídeo institucional dos programas cos que a xunta achega ás e aos galegos do exterior á súa terra

O secretario xeral da Emigración mantivo encontros coas e cos participantes nesta iniciativa dirixida ás mozas e aos mozos galegos que residen fóra das nosas fronteiras e cos preto de 70 maiores que viaxarán a Galicia grazas a ‘Reencontros na Terra’.

Un concerto do conxunto galego formado por Queiman e Pousa pechou os actos da xornada.

  • O secretario xeral da Emigración entregou as 'compostelas' -a certificación de ter realizado o Camiño de Santiago- ás mozas e mozos participantes no Conecta con Galicia 2018
    O secretario xeral da Emigración entregou as 'compostelas' -a certificación de ter realizado o Camiño de Santiago- ás mozas e mozos participantes no Conecta con Galicia 2018
  • O secretario xeral da Emigración entregou as 'compostelas' -a certificación de ter realizado o Camiño de Santiago- ás mozas e mozos participantes no Conecta con Galicia 2018
    O secretario xeral da Emigración entregou as 'compostelas' -a certificación de ter realizado o Camiño de Santiago- ás mozas e mozos participantes no Conecta con Galicia 2018
  • Preto de 70 das e dos nosos maiores da Arxentina viaxarán en outubro a Galicia graxas ao programa Reencontros na Terra
    Preto de 70 das e dos nosos maiores da Arxentina viaxarán en outubro a Galicia graxas ao programa Reencontros na Terra
Vídeo dos programas 'Conecta con Galicia' e 'Escolas Abertas' 2018 da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 9 de setembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continuou onte á tarde a súa viaxe á Arxentina para manter un encontro no Club Español de Bos Aires con algúns dos beneficiarios e beneficiarias procedentes deste país dos programas que o Goberno galego ten en marcha para achegar á súa terra de orixe ás e aos galegos do exterior, tanto aos mozos e mozas como ás e aos maiores. Entre os primeiros atópanse as e os 79 participantes no Conecta con Galicia, unha iniciativa deseñada pola Secretaría Xeral da Emigración para facilitar a convivencia de mozos e mozas do exterior cos da Galicia territorial durante dúas semanas, unha das cales se dedica a facer o Camiño de Santiago e a outra, a gozar das actividades náuticas e ao aire libre no complexo xuvenil que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío.

O responsable autonómico fixo un oco na súa axenda para facerlles entrega en persoa, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, e o presidente da entidade, José Benito López Carballedo, das Compostelas, os certificados que acreditan que completaron o Camiño de Santiago no mes de xullo. Dous dos grupos fixérono desde Lugo durante a primeira quincena  de xullo e os outros dous, desde Ourense durante a segunda. Ademais, Miranda aproveitou a xuntanza coas mozas e mozos e as e os seus familiares para presentarlles o vídeo institucional sobre as diferentes actividades e experiencias que viviron grazas aos programas da Xunta de Galicia, e que foi gravado este verán con algunhas e algúns dos asistentes ao acto. 

Preto de 70 maiores ultiman a súa viaxe
Miranda tamén dedicou parte da tarde a reunirse cos preto de 70 beneficiarios e beneficiarias dos Reencontros na Terra procedentes da Arxentina, que están a piques de viaxar a Galicia para redescobrir as súas raíces e poñerse en contacto coa realidade do seu país de orixe mediante actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas familias e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes. A idade media deste programa, dirixido a emigrantes galegas e galegos, é dicir, nados na comunidade, é moi superior á mínima esixida para poder participar, fixada en 65 anos. 

O concerto que o conxunto galego Queiman e Pousa ofreceron á noite no salón Imperial do Club Español puxo fin á axenda institucional da xornada do secretario xeral da Emigración, quen hoxe viaxará ata as cidades de Santa Fe e Rosario para visitar os centros galegos alí localizados e manter unha reunión tanto coas súas respectivas directivas como cos seus socios e socias.

759 lecturas