Miranda: “Estes diplomas simbolizan a unión entre quen mantén viva Galicia no exterior e quen hoxe continúa o seu legado”

  • Miranda: “Estes diplomas simbolizan a unión entre quen mantén viva Galicia no exterior e quen hoxe continúa o seu legado”.
    Miranda: “Estes diplomas simbolizan a unión entre quen mantén viva Galicia no exterior e quen hoxe continúa o seu legado”.

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 29 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participaron en Montevideo no acto de entrega das compostelas e diplomas dos programas Reencontros con Galicia, Conecta co Voluntariado e Conecta con Galicia no Camiño. Nesta edición, máis de 50 galegos e galegas participaron nestes programas.

Miranda destacou que este acto representa “a interconexión perfecta entre xeracións”. Por unha banda, as persoas maiores que un día marcharon de Galicia e que, lonxe da casa, mantiveron acesa a identidade, o idioma e o amor pola súa terra; e, pola outra, os seus descendentes, que herdaron ese legado e que hoxe, a través dos programas Conecta, reforzan esa galeguidade desde unha experiencia real e vivida en primeira persoa.

“Estas entregas non son só un recoñecemento simbólico”, subliñou Miranda, “son un agradecemento profundo a quen mantivo Galicia viva fóra das súas fronteiras e unha mostra de orgullo polo traballo que fixeron transmitindo ese sentimento aos seus fillos e netos”.

O secretario xeral concluíu afirmando que Galicia quere “agradecer ese esforzo e axudar a completalo”, ofrecendo ás novas xeracións oportunidades de reencontro, coñecemento e identidade: “Reencontros e Conecta son dúas caras da mesma historia: a do orgullo de pertencermos a unha comunidade que non se rompe coa distancia, senón que se fortalece co paso das xeracións”.

226 lecturas