Emigración entrega 80 distincións ás e aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 da Arxentina

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o acto no que se entregaron 39 compostelas aos galegos e galegas residentes na Arxentina que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo.

Tamén se entregaron 37 diplomas acreditativos ás e aos participantes no programa Reencontros co Xacobeo.

Estes dous programas permitiron que galegas e galegos residentes na Arxentina coñeceran o Camiño de Santiago e puideran converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo para animar ás e aos cidadáns dos seus países de residencia a realizar a peregrinación a Compostela.

  • Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da SXE
    Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da SXE
  • Imaxe da entrega de compostelas ás e aos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
    Imaxe da entrega de compostelas ás e aos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 da SXE

  • Imaxe do evento celebrado onte en Bos Aires
    Imaxe do evento celebrado onte en Bos Aires

Entrega de compostelas e diplomas ás e aos participantes no Conecta e os Reencontros co Xacobeo da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 9 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu, no Club Español de Buenos Aires, acompañado do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, o acto de entrega de compostelas e diplomas ás e aos case 80 participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022.

Deste xeito, a Xunta entregou 39 compostelas ás e aos participantes do programa Conecta co Xacobeo que realizaron o pasado outono 100 quilómetros durante unha semana a través dos camiños Portugués e a Vía da Prata. Este programa permitiu que galegas e galegos menores de 65 relacionados con entidades do exterior de diversos países do mundo, entre eles Arxentina, puideran realizar esta peregrinación, converténdose en embaixadoras e embaixadores do Camiño de Santiago, para así animar posteriormente aos cidadáns e cidadás dos seus países de residencia a realizar a peregrinación a Compostela. 

Tamén se entregaron diplomas acreditativos ás e aos 37 participantes no programa Reencontros co Xacobeo do ano pasado, procedentes da Arxentina. Neste caso, trátase de maiores de 65 anos que realizaron pequenos tramos do Camiño coa mesma finalidade que no caso dos Conecta. 

Miranda agradeceu ás e aos participantes o seu interese por coñecer a peregrinación a Compostela e “trasladar a súa beleza e a intensidade desta experiencia entre os galegos residentes en Arxentina e tamén entre a ciudadanía deste país”.

508 lecturas